Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

MOSTRANDO O POUCO QUE APRENDI: joao antonio aires de Lamadarcos

31.12.11, vero fillodateresa netodorevidas

O Xico de Mandín non só se adica con amor ao cultivo das súas vides, tamén cultiva a amizade lho convivio raiano no seu Couto Mixto. Eis unha proba delo con este poema de Joao Antonio Aires, un paisano de Lamadarcos que rebousa sensibilidade na descrición da súa terra, a nosa terra:

 

MOSTRANDO O POUCO QUE APRENDI

 

Eu nasci em Trás os Montes

neste beco sem saída,

minha terra é Lamadarcos

fiz cá sempre a minha vida.

 

Sou do conceiho de chaves

porisso sou transmontano,

se for morrer ao Algarve

talvez seja por engano.

 

Eu nunca fui emigrante

nem saí deste cantinho,

trabalhei lutei bastante

fiquei sempre pobrezinho.

 

nunca aprendi a mentir

também náo sei negociar,

digo verdades a rir

mentiras náo sei afirmar.

 

No trabalho sou perfeito

já escutei alguém dizer,

a multa coisa ciou jeito

mas nem tudo sei fazer.

 

Eu pouco aprendi a ler

multo menos sei rezar,

posso ainda mais fazer

guando o mestre me ensinar.

 

Pela sombra de vagar

com este jeito aqui estou,

mostra a tua abelidade

se é que sabes mais do que eu

 

Joao António Aires

DO "TONINHO" O XICO DE MANDIN no couto mixto da raia seca

30.12.11, vero fillodateresa netodorevidas

ADEGA COUTO MIXTO     

D.Francisco Pérez Diéguez  “O XICO de Mandín”

Rúa Principal 46; MANDIN-VERIN (32698 OURENSE)

636762200

Ver Situación Bodega

 

Unha das riquezas do val do Támega, xa en tempos dos tamagani e logo dos romanos, foi o resultado da confluencia dos elementos esencias para obter unha boa uva: a terra e o clima.

 

A pesar dos séculos transcorridos, a pesar de que os emperadores de Roma quedaron privados destes manxares, a pesar da linhea fronteiriza debuxada por medio destas terras, dividindo o Támega alto do Támega medio, a pesar das dificultades que esta Raia Seca supuxo no desenvolvemento dos seus produtos, a pesar de todo, xurde con forza a teima dun herdeiro de aqueles adegueiros, que recollendo a sabiduría de xeracións centralizada no seu avó “O Toninho”, foi capaz de devolverlle o esplendor aos caldos elaborados utilizando os métodos de cultivo tradicionais i ecolóxicos, tratando de preservar a natureza, e incorporando pequenas doses de tecnoloxía moderna.

 

Desde sempre tiven a certeza de que o “Xico” estaba chamado para facer algo grande; unha vez que vin o resultado do seu traballo entendín por qué. Nel conflúen unha chea de elementos que mesturados dan lugar a un artista, que xunto coa terra e o clima do val do Támega que o viu nacer, deu como resultado un manxar de emperadores. Cando o catei sentín que estaba sendo protagonista dun momento único i especial. Agora gustaríame describir eses sentimentos para compartilos con todos, pero carezo de esa habilidade, polo que o único que vos podo dicir, é que vos acheguedes a adega do Xico de Mandín (na Raia Seca) e disfrutedes vos mesmos dese pracer.

 

De calquera maneira, sí me vou a atrever a escribir catro cousas para situarmos no escenario. Non é casualidade que isto ocorra na Raia Seca, en Mandín, i en concreto co Xico. Hoxe está de moda crear novas adegas, producir novos vinhos, pero para que un vinho sexa algo mais que un resultado de unha tranformación da uva en caldo, é necesario que concorran un conxunto de elementos que moitos deles non están no mercado, senón que se herdan; refírome a terra, o clima, a tradición, a sabedoría transmitida de xeración en xeración, xunto como non a pequenas doses de avanzo tecnolóxico. Todo isto concorre no Xico, que aglutina o saber dos seus antepasados, transmitidos polo seu avó “O Toniño”, as terras herdadas, o clima do val do Támega, as castes apropiadas, e a mau dun artista que elabora con paisón e mimo toda a materia prima para obter esta obra de arte.

 

De momento disfrutalo aínda está o alcance dos mortais; que non no lo quiten.

 

Ourense a 29 de setembro de 2011.